sábado, 18 de febrero de 2017

Roteiro "Camilo José Cela"


O 18 de febreiro os integrantes do Club de lectura "Ä lus de San Finx" acercámonos ao Gaias para ver a exposición "O Centenario dun Nobel",exposición adicada ao noso Premio Nobel Camilio José Cela; os máis pequenos quedaron facendo un obradoiro "Cóntame un conto", ao final poderedes ler o resultado... Tras esta visita acercámonos a coñecer a Biblioteca "Ánxel Casal" e escoitamos un contacontos que nos encantou, igual que a Biblioteca, gustaríanos ter unha parecida .... Xa preto das dúas da tarde collemos o tren na estación de Santiago de Compostela para dirixirnos a Padrón; para moitos de nós era a nosa primeira viaxe en tren, e foi unha experiencia inesquecible. O tren acadou máis de 130 km. por hora, aínda que parecía que iamos despaciño...
Chegamos a Padrón e fomos comer a Galipark en Extramundi. Alí xogamos despois ao Paintball Laser e tamén visitamos a Fundación Cela, onde nos acercaron por medio dos obxectos que alí se custodian á vida do Cela escritor, coleccionista, actor, censor....
E como o prometido é débeda, aquí podedes ler o pequeno relato que artellamos:


Luz converteuse en pantasma fai un século, aló polo 1917, cando aínda era una nena. Dende entón vive nun inframundo chamado Gótica rodeado de espectros coma ela.
Non lle gusta estára alí e por iso leva moito tempo cavilando como pode facer para escapar.
O Señor do Inframundo é a pantasma mais poderosa de toda Gótica. É poderosa porque coñece todos os trucos e feitizos, aprendeunos todos a través do Libro dos Diaños.
Aproveitando un descoido, Luz consegue arrincar una páxina do libro na que se explica como crear un portal que lle permita escapar de alí e voltar ao mundo dos vivos.
O día que consegue activar ese portal ten tan mala sorte que no canto de poder sair ela, cae dentro do inframundo un rapaz chamado Lucas. Luz ó principio alporizase moitísimo, pero cando cae na conta de que Lucas está moi asustado comeza a sentir compaixón por el.
Pouco a pouco van trabando amizade e sorteando os perigos do inframundo, o feitizo para abrir a porta entre os dous mundos só se pode empregar nunha data concreta así que durante este tempo Luz deixa de ser un ser resentido e escuro e vaise facendo mais alegre e sorrinte.
Cando ese día por fin chega, caen na conta de que é imposible que os dous crucen o portal ó tempo. Sentíndose culpable, Luz obriga a Lucas a marchar. Así o rapaz consegue voltar cos seus seres queridos e Luz resígnase a quedar eternamente en Gótica.

Pero a súa alma é tan bondadosa agora que sacrificou a sua oportunidade por devolver a Lucas á súa casa que é posible que non quede para sempre no inframundo.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Este roteiro foi un dos que máis me gustou: aprendemos moitas cousas sobre Camilo José Cela, sobre as curiosidades que este gran home tiña e sobre algunhas dasa súas obras.

Anónimo dijo...

O roteiro foi moi entretido: visitamos o Galipark de Padrón e xogamos ao paintball

Anónimo dijo...

Fomos a Padrón en tren e vimos a fermosa paisaxe polo camiño; moi entretido gustaríame que se repetira.

Anónimo dijo...

Tamén visitamos a Fundación de Camilo José Cela e alí atopamos moitas pertenzas del.

Anónimo dijo...

Visitamos o Gaiás e alí atopamos unha exposición del.

Anónimo dijo...

Fomos á biblioteca Anxel Casal,alí poderiamos elixir entre ver a biblioteca ou asistir a un teatro de monicreques.

Anónimo dijo...

Madrugamos un poquiño, pero valeu a pena!

Anónimo dijo...

Encantounos ir no tren ,unha esperienza inolvidable

Anónimo dijo...

Divertinme moito en Galipar

Anónimo dijo...

Pareceume moi interesante a casa de Camilo José Cela

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...