miércoles, 6 de mayo de 2015

Visita de Manuel Lourenzo


Onte, 5 de maio, recibimos a visita do escritor e docente Manuel Lourenzo que veu falarnos dos seus dous libros, Irmán do vento Flor de area, que lemos en 3º  e 4º ESO.
Comentounos como xurdiu a primeira das obras, froito da indignación ante unha guerra que non podía comprender, e como a realizou en moi pouco tempo. Pola contra, a segunda foi froito dunha reflexión e dun traballo que se estendeu moito máis no tempo.
E rematamos a sesión cunha serie de preguntas ás que el lles deu resposta moi amablemente, así como a sinatura dos libros.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...