viernes, 28 de noviembre de 2014

Segunda reunión do Club de lectura de secundaria: Arredor do medo

Nesta segunda reunión o tema central foi o medo. Empezamos lendo o relato de Rafael Dieste "A luz en silencio" da súa obra : Dos arquivos do trasno.

Este relato levounos á reflexión de que o medo nace dentro de nós, e cales son os seus desencadeantes. Tamén recomendamos os seguintes clásicos: Lóbrego Romance, Pálida Pantasma de Jack Mircala:


Falamos da edición de luxo de Cuentos Macabros de Edgar Allan Poe, traducida por Julio Cortázar, cunha biografía do autor por Baudelaire e ilustrada por Benjamin Lacombe:


E falamos tamén do clásico de Oscar Wilde El fantasma de Canterville e das súas adaptacións cinematográficas.

Tamén falamos da película Beetlejuice e de Tim Burton, pero eso é mellor que o leades aquí.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...