O rei da tribo galaicorromana, Prorrománix, quere enfrontarse ó rei dos irredutibles galos, Abaracurtix, pero primeiro deberá cortarlle o subministro da poción máxica que prepara o druida Panorámix. Para facerse co druida intentan secuestralo na fraga onde colle as flores para preparar a poción, pero cando os galos Astérix e Obelix intentan defendelo lanzándolles un menhir ós romanos, este cae encima de Panorámix, que desgraciadamente perde a memoria. Cando os xefes están combatendo, o druida recupera a memoria, o que fai que o xefe galo gañe o combate, gañando tamén a aldea veciña.
Un cómic clásico cheo de humor que non podes perder, un libro ideal para as persoas que se queiran rir un bo anaco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario