martes, 2 de mayo de 2017

Derradeira sesión do club lectura 3º ciclo: Valle- Inclán



Como na sesión anterior o pasamos tan ben representando, quixemos repetir a experiencia e esta vez foi con Cabeza de Drangón de Valle-Inclán. Observamos que a linguaxe empregada polo autor era moi diferente da de Carlos Casares.... Esta foi a nosa derradeira sesión por este curso, xa que en xuño temos cambio de horario. Que sorpresas agardarannos no club o vindeiro ano? Teremos que esperar algúns meses para sabelo....

viernes, 28 de abril de 2017

Reunión do club de lectura de secundaria de abril: Gloria Fuertes II



Pois o prometido é débeda, continuamos nesta sesión de novo con Gloria Fuertes, neste caso centrámonos nos seus poemas de desamor e nas leccións de autoestima que deles se desprenden. Por último vimos outra pequena parte do documental. Sempre é interesante escoitar á propia autora e ver as circunstancias da súa escrita.

martes, 4 de abril de 2017

Oitava sesión do club lectura 3º ciclo: Lendo a Carlos Casares


Nesta sesión fixemos unha lectura dramatizada de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". Entre todos repartímonos os papeis ao noso gusto e pasámolo de maravilla representando parte da obriña... gustaríanos repetir....:)

viernes, 31 de marzo de 2017

Reunión de marzo do club de lectura de secundaria: Gloria Fuertes


Co gallo do centenario do nacemento de Gloria Fuertes, aproveitarmos para achegarnos á súa poesía de adultos, nesta sesión estivemos vendo parte da súa biografía e lendo algúns dos seus poemas de amor. A sesión sóubonos a pouco, de modo que decidimos continuar na próxima sesión do club.

martes, 7 de marzo de 2017

Sexta sesión club de lectura 3º ciclo: Improvisando contos....


Nesta ocasión en base a un fragmento escrito na pizarra e unhas palabras que nos propuxo a profe, fixemos grupos e nun folio xiratorio, e por turnos escribimos un conto orixinal. Ao final lémosllos aos compañeiros e votamos ao que máis nos gustou.

sábado, 18 de febrero de 2017

Roteiro "Camilo José Cela"


O 18 de febreiro os integrantes do Club de lectura "Ä lus de San Finx" acercámonos ao Gaias para ver a exposición "O Centenario dun Nobel",exposición adicada ao noso Premio Nobel Camilio José Cela; os máis pequenos quedaron facendo un obradoiro "Cóntame un conto", ao final poderedes ler o resultado... Tras esta visita acercámonos a coñecer a Biblioteca "Ánxel Casal" e escoitamos un contacontos que nos encantou, igual que a Biblioteca, gustaríanos ter unha parecida .... Xa preto das dúas da tarde collemos o tren na estación de Santiago de Compostela para dirixirnos a Padrón; para moitos de nós era a nosa primeira viaxe en tren, e foi unha experiencia inesquecible. O tren acadou máis de 130 km. por hora, aínda que parecía que iamos despaciño...
Chegamos a Padrón e fomos comer a Galipark en Extramundi. Alí xogamos despois ao Paintball Laser e tamén visitamos a Fundación Cela, onde nos acercaron por medio dos obxectos que alí se custodian á vida do Cela escritor, coleccionista, actor, censor....
E como o prometido é débeda, aquí podedes ler o pequeno relato que artellamos:


Luz converteuse en pantasma fai un século, aló polo 1917, cando aínda era una nena. Dende entón vive nun inframundo chamado Gótica rodeado de espectros coma ela.
Non lle gusta estára alí e por iso leva moito tempo cavilando como pode facer para escapar.
O Señor do Inframundo é a pantasma mais poderosa de toda Gótica. É poderosa porque coñece todos os trucos e feitizos, aprendeunos todos a través do Libro dos Diaños.
Aproveitando un descoido, Luz consegue arrincar una páxina do libro na que se explica como crear un portal que lle permita escapar de alí e voltar ao mundo dos vivos.
O día que consegue activar ese portal ten tan mala sorte que no canto de poder sair ela, cae dentro do inframundo un rapaz chamado Lucas. Luz ó principio alporizase moitísimo, pero cando cae na conta de que Lucas está moi asustado comeza a sentir compaixón por el.
Pouco a pouco van trabando amizade e sorteando os perigos do inframundo, o feitizo para abrir a porta entre os dous mundos só se pode empregar nunha data concreta así que durante este tempo Luz deixa de ser un ser resentido e escuro e vaise facendo mais alegre e sorrinte.
Cando ese día por fin chega, caen na conta de que é imposible que os dous crucen o portal ó tempo. Sentíndose culpable, Luz obriga a Lucas a marchar. Así o rapaz consegue voltar cos seus seres queridos e Luz resígnase a quedar eternamente en Gótica.

Pero a súa alma é tan bondadosa agora que sacrificou a sua oportunidade por devolver a Lucas á súa casa que é posible que non quede para sempre no inframundo.

viernes, 17 de febrero de 2017

Cuarta reunión do club de lectura de secundaria: Ledicia Costas






O 22 de febreiro visitará o noso centro a escritora Ledicia Costas, non é a primeira vez que o fai, así que decidimos adicarlle a nosa sesión do club de lectura, xa que tan bos ratos nos fixo pasar. Para os mais novos de primeiro de ESO, tanto Escarlatina como Esmeraldina gustáronnos moito. Os de segundo de ESO están a ler Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, que fainos lembrar parte do roteiro que fixemos a Vigo o ano pasado, cando visitamos MEIRANDE e a Illa de San Simón, e vimos a estatua que se lle adica na ría de Vigo. Así que o escenario xa nos é coñecido. Para os de terceiro de ESO tamén lembran a lectura do Corazón de Xúpiter que lles gustou, salvo polo final ... (sen facer spoiler!!) e aínda que é unha lectura xa para case adultos, hai no  grupo quen se está plantexando ler Recinto Gris.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...